Noite de sorpresas no programa “A Casa da Conexa”. Os espectadores da TVG poderán coñecer hoxe un membro máis da familia das fillas da Conexa, a irmá Carmucha. Foron moitas as ocasións en que a audiencia e seguidores do programa escoitaron falar a Mucha e Nucha desta irmá, pero esta noite poderán coñecela, xa que está a pasar uns días en Ardebullo. Por outro lado, o amor continúa sobrevoando as vidas dos habitantes de Ardebullo. Nesta ocasión, será Chani (Federico Pérez) o que se namore e perda a cabeza por unha rapaza. Ilusionadas co seu amigo, Mucha e Nucha intentan darlle consellos para coidar e cultivar ese amor que comeza, pero ao final, coma sempre, as cousas non son como parecen e algo estraño aparecerá na relación de Chani.  A emisión presente completarase coa visita a “A Casa da Conexa” do ex-baloncestista Fernando Romay, cunha nova clase de idiomas, co matrimonio de Os Roncha, coa sección “Culturízate” e cunha nova edición de “Construcións”, onde os espectadores coñecerán est