As dúas irmás esperan de alguén da Consellería de Cultura para ver se as contratan, pero o que aparece pola porta é o actor Secun de la Rosa, coñecido pola audiencia polo seu papel na serie de televisión “Aida”, entre outros traballos.
Nucha fai unha nova visita á parroquia, onde continúa o padre Gaspar (David Amor) substituíndo o padre Nicanor. Noutra historia, as irmás van cambiar o “look” ao novo salón de peiteados de Ardebullo e coñecen a Boris (Federico Pérez), o novo peiteador, que está disposto a cambiar o estilo dos veciños. Na salón de peiteados, tamén estará a súa veciña Concha (Teté Delgado)
Por outro lado, dous “habilidosos” da carpintaría e das reformas de todo tipo asoman por primeira vez nesta temporada de “A Casa da Conexa” coa nova sección “Bricorreciclaxe”, onde os materiais máis dispares se transforman en obxectos ben útiles. A pega destes dous artífices da reciclaxe é que case sempre lles saen mellor as cousas nos ensaios que á hora da verdade.
A edi