Toda a veciñanza feminina de Ardebullo revolucionarase, xa que o padre Nicanor está de baixa e seu novo substituto, o padre Gaspar, interpretado por David Amor, é moi ben  recibido polas freguesas da parroquia. Como non podía ser doutro xeito, o padre Gaspar ten que visitar A Casa da Conexa, onde Mucha e Nucha lle dan ao novo cura unha calorosa benvida. O mago catalán Miquel Crespi fai unha nova visita a Mucha e Nucha e cun número de maxia fai que todos queden ao final en roupa interior. Noutra historia, Mucha e Nucha son contratadas polo concello de Ardebullo, unha de vixiante dunha importante exposición no centro social e outra como encargada da biblioteca. Serán Mucha e Nucha capaces de facer ber o seu traballo e non liala?  Ademais, “A Casa da Conexa” ofrece unha nova clase na sección de “Aprende música con Mucha e Nucha” e un novo tema musical: “Roubando por aí”.