Nunha nova entrega de “A Casa da Conexa”, os espectadores da Televisión de Galicia gozarán con novas doses de humor e entretemento da man das protagonistas indiscutibles do programa, Mucha e Nucha. Hoxe, poderán ver como os problemas sentimentais lles preocupan a algúns veciños de Ardebullo e non dubidan en solucionalos acudindo a pedirlle asesoramento á vidente da vila (Nuncy Valcárcel). Pero, como sempre, nin a vidente é tal nin os problemas se resolven do xeito agardado.
Doutro lado, as “fillas da Conexa” están aburridas. En Ardebullo parece que hoxe non pasa nada ata que Susi (Marta Lado), a encargada da taberna, lles propón facer unha festa para acabar co aburrimento. A cousa comezará ben, pero rematará con Mucha e Nucha no cuartel da Garda Civil. Ademais, nesta nova entrega de “A Casa da Conexa”, as irmás de Ardebullo contarán, na parolada co público, os problemas que teñen co seu veciño Anselmo.
Ademais, Chicho, uns dos cazadores de “Couto privado”, farase cun coche especial pa