Sebas, que queda sen emprego temporalmente, precisa cartos e empeza a facer prácticas laborais con Diego. Pronto descubrirá que é un excelente vendedor de seguros.
Ana quere expoñe-las súas obras nunha galería, pero ningunha parece estar interesada nas súas pinturas e esculturas. Como sempre, Diego pagará os pratos rotos.
Mentres, Lucía suspende un exame por primeira vez na súa vida e acaba enfrontándose ó profesor da materia. Por sorte, ou por desgraza, Fran é amigo do mestre.