Sebas comeza a facer dieta obrigado por Ana, que tenta así coida-los niveis de colesterol do rapaz. Pero resistirse aos chourizos e ao raxo que lle manda Maruxa dende a aldea non vai ser doado. Fran empeza a saír cunha muller maior ca él e que parece estar comprando a súa compaña. Un atracador entra no Bule Bar e rouba a caixa durante a quenda de Lucía. Despois do incidente, ela empeza a sentirse insegura e paranoica.