O 28 de xuño de 1984 chegaban a Galicia desde Bos Aires os restos de Castelao, tres décadas despois da súamorte no exilio. Un traslado polémico, entre protestas dun sector do nacionalismo, nun momento en que Galicia daba os primeiros pasos cara a autonomía |En Bonaval, como cada ano, e coincidindo con esta data, a Xunta distinguiu a diferentes persoeiros e entidades coas medallas que levan o nome de Castelao | Os restos de Castelaopermaneceron naArxentinamáis de tres décadas. A súa figura seguemoi presente a través de numerosos monumentos e espazos na súa honra especialmente no Centro Galego de Bos Aires|O retorno dos restos de Castelaofoi un acontecemento político transcendente na Galicia dos anos 80. Esta casa era a única televisión naquel momento e emitiuunha programación especial que incluíuunha retransmisión que tivo que prolongarse ata case cinco horas por unhaameaza de bomba. 28-06-2024