Uvas de fin de ano coas badaladas do mediodía. En Vilagarcía cumpren a tradición de seren dos primeiros en darlle a benvida ao ano novo, unha celebración adiantada que manteñen desde hai máis de dúas décadas | As compras de última hora para as celebracións de Noitevella encheron de animación as prazas e os supermercados. Os prezos, en xeral, están un pouco máis baixos que Noiteboa | O presidente da Xunta salienta a gratuidade das matrículas universitarias. Na tradicional mensaxe de fin de ano, asegura que iniciativas como a de Altri son necesarias para Galicia | Neste derradeiro Telexornal de 2024 lembramos algunhas imaxes que foron titulares no ano que remata
