Activo o lume no concello da Cañiza, o máis grave do que levamos de verán, cunhas 270 hectáreas afectadas. Por primeira vez, os veciños foron avisados mediante o sistema de alerta telefónico da Xunta | A Coruña será a primeira cidade de Galicia en aplicar a Taxa turística. Entrará en vigor a partir de setembro. E en Santiago tamén foi aprobada, aínda que atrasará a aplicación ao un de outubro | Máis de 50 marcas, oitenta adegas e milleiros de persoas, participan xa en Cambados na Festa do Albariño | A Universidade de Vigo recibirá 15 millóns de euros para a investigación de fotoconductores |