Máis de 200 os casos no gromo de gastroenterite en Betanzos. Sanidade mantén a prohibición de utilizar a auga da traída para o consumo, a espera do resultado de novas analíticas. // A folga de funcionarios xudiciais provoca a suspensión, en Zamora, do xuízo ao que ía someterse o presidente, en funcións, da Deputación de Ourense.. // As treboadas das últimas horas deixan máis de 2.400 raios en Galicia, Un deles causa o incendio dunha vivenda en Rábade. As fortes chuvias provocan tamén inundación de rúas, garaxes e baixos comerciais en Verín.  31-05-23