Un home morre acoitelado, e a súa parella ferida gravemente, en Redondela. Os feitos ocorreron de madrugada, nunha céntrica rúa. O presunto autor, de 48 anos, foi detido pouco despois no seu domicilio | Os traballadores doutros países gañan presenza na flota galega de pesca. Ata o dez por cento dos tripulantes son extranxeiros, anque nalgunhas embarcacións chegan ao 90 por cento | Veciños contrarios á Mina do Touro entregan na Xunta máis de 10.000 alegación para entregar as últimas alegacións ao proxecto de reapertura | A AEMET retirou xa todas as alertas por temporal. Tralo paso das sucesivas borrascas, a situación permite volver faenar aos mariñeiros | Unha instalación inmersiva sobre a evolución da vida no planeta e outra sobre a figura e o universo creativo de Castelao. Son parte da programación prevista para este ano no Museo Gaiás, na Cidade da Cultura en Santiago
