Empeza a temporada de maior afluencia nos camiños de Santiago, con máis de 2.000 compostelas entregadas por día. A previsión é bater este ano o récord histórico de peregrinacións, ata superar nun 20 por cento ao último ano xacobeo. // O socialista Jose Tomé Roca, reelixido como presidente da Deputación de Lugo, cos 13 votos do seu partido e do BNG. // Polémica en torno aos paneis publicitarios que cuestionan a toponimia oficial en galego de localidades como A Coruña, Ourense ou Sanxenxo. A Mesa pola normalización recolle 8.000 sinaturas contra a campaña. 30-06-2023