Elévanse a 155 os contaxios relacionados co gromo orixinado nas viaxes de fin de curso. O Comité Clínico acaba de informar de que 49 dos viaxeiros que chegaron onte dende alí en avión deron positivo. 33 deles son dos grupos de estudantes. // O aumento da incidencia fai que Pontevedra pase a nivel medio de restricións a partir deste sábado, xunto con otros 8 concellos. Sarria mantense no nivel alto, sen consumo no interior dos locais. Carnota tamén sobe a nivel alto. // Un libro como agasallo para cada estudante da cidade de Ourense, en premio ó esforzo feito durante o curso que acaba de rematar. É a campaña de fomento da lectura do Concello ourensán, e que está tendo moita resposta por parte dos estudantes. 30-06-2021