Repunta dos prezos no arranque do 2025. O IPC de xaneiro sobe dúas décimas, ata situarse no 3 % interanual, o nivel máis alto no último medio ano. O encarecemento da electricidade e, sobre todo, dos carburantes, é o que máis contribúe a aumentar a inflación | Galicia conta dende hoxe cun novo centro especializado en combater ciberataques, tanto a particulares como a empresas e institucións. É o centro de Talento e Tecnoloxía da compañía Telefónica, en Vigo | O paso da borrasca Ivo deixa máis de 300 incidencias, sobre todo caída de árbores e outros obxectos nas estradas, por refachos de vento que superaron os 100 quilómetros por hora | O Hospital Clínico de Ourense elabora por primera vez en Galicia, un protocolo para que pacientes con ingresos de longa duración poidan recibir a visita das súas mascotas | Hoxe celébrase o Día da Ilustración, que a Xunta adica por vez primeira a un artista vivo. Trátase de Xosé Vizoso. Deseñador, durante catro décadas, da cerámica Sargadelos