Remata a instrución do caso de Samuel Luiz, o mozo asasinado nas inmediacións da praia de Riazor en 2021 tras unha noite de festa. Serán xulgadas cinco persoas polo seu asesinato | Representantes do Sergas e dos sindicatos abordan a situación dos servizos de urxencias, logo da protesta dos médicos polo incremento da carga de traballo nos últimos anos | Dende hoxe, a máscara xa non é obrigatoria en centros sanitarios pero sí o será nos servizos de urxencias, nos PACs e onde haxa pacientes inmunodeprimidos | O IPC rompe a tendencia dos últimos meses e repunta en xaneiro ata o 3,4 por cento polo encarecemento da electricidade. A inflación subxacente, sen ter en conta a enerxía e alimentos frescos, cae sen embargo ao nivel máis baixo dos últimos dous anos