Unha muller, traballadora do servizo de axuda no fogar do Porriño, foi atopada morta con signos de violencia. A Garda Civil investiga a un home de arredor de 70 anos, e marido da usuaria que atendía a vítima, como posible autor | Despois dun inicio de verán de relativa tranquilidade, o lume irrompe na provincia de Pontevedra. En Meaño, un incendio leva arrasadas unhas 40 hectáreas, tras horas de moita tensión | A declaración da Coruña como zona tensionada publícase hoxe no BOE | Descontento no sector agrario galego e na Xunta ante o novo borrador das PAC para o vindeiro 2028. Contempla a redución do orzamento nun 25% e un reparto a nivel estatal, en lugar de por comunidades |