A Coruña convértese na primeira localidade galega declarada zona residencial “tensionada”. Deste xeito poderá empregar as ferramentas legais para tentar baixar os prezos dos alugueiros | Galicia debería ampliar en 625 as prazas de acollida de menores inmigrantes que chegan sós. Así o establece a proposta do Goberno do Estado, que fixa para todas as comunidades unha capacidade de 32 prazas por cada 100.000 habitantes | Mellorar a eficacia na xestión dos Bancos de Alimentos é un dos obxectivos do congreso que se celebra hoxe en Ourense, onde están reunidos os responsables dos 54 bancos de Alimentos de España | Santiago celebra o día grande das festas da Ascensión. Cinco días cunha programación especial nas que este ano acompaña un tempo practicamente de verán