Milleiros de traballadores, de novo, nas rúas de Vigo na cuarta xornada de folga do metal. A patronal esixe a desconvocatoria dos paros para sentarse a negociar. Os sindicatos aumentan a convocatoria de folga a catro xornadas no mes de xullo. // Avogados e procuradores denuncian a situación de atasco do sistema xudicial e cifran en 400.000 os casos pendentes en Galicia. // Comeza en Viveiro unha nova edición do Resurrection Fest, con Parkway Drive, Ghost e Pantera como principais atractivos. Este ano mesmo se van poder celebrar casamentos no interior do recinto. 28-06-2023