Aumentan as agresións verbais e mesmo físicas ao persoal sanitario. Así o denuncian os profesionais nunha concentración en Vigo | A Consellería de Sanidade advirte dunha previsible escaseza de médicos para este verán ao non poder incorporar ata setembro a nova promoción dos que rematan o MIR | Galicia é a terceira comunidade con maior absentismo laboral, que subíu ao 7,8 por cento no último trimestre de 2023 | O Son do Camiño, que empeza o xoves, figura entre os eventos musicais de maior repercusión económica de España. Os organizadores calculan que cada participante gastará una media de 400 euros | Un dron de última xeración, deseñado para acudir ao rescate de bañistas en apuros. É o que se exhibíu hoxe en Sanxenxo, cun salvavidas incorporado e dotado de megafonía