Os nenos, protagonistas do desfile escolar do Entroido en Xinzo de Limia. Un percorrido lúdico polas rúas, xunto con pais e profesores que serve de anticipo do que terá lugar o día grande o próximo martes | A sede electrónica da Xunta, acumula xa as solicitudes para recibir o Bono Alugueiro, unha vez que hoxe quedou aberto o prazo | Segue polémica política sobre a condonación da débeda autonómica de 4.010 millóns de euros. A Xunta xustifica o seu rexeitamento por considerar que a proposta do goberno central discrimina a Galicia, mentres os nacionalistas destacan que é unha medida que eles negociaron con Pedro Sánchez | En Galicia estímase que 200 mil persoas padecen algunha enfermidade rara | En temporada de cocido, as carnizarías rexistran unha repunta de afluencia. Son semanas clave para á venta do seu ingrediente estrela, o porco