Pais e alumnos do Instituto Prieto Nespereira de Ourense falan de mal estado do muro que provocou a morte dun rapaz e deixou ferido a outro. A Xunta asegura que non consta ningunha denuncia ao respecto. // No xuizo polo accidente do Alvia, o xefe de maquinistas asegura que xa antes do sinistro tiña advertido aos responsables de seguridade da perigosidade da curva de Angrois. // O paro baixou en Galicia en 4.600 persoas no terceiro trimestre, e subiu case o dobre a ocupación segundo a EPA. // Investigadores de Lugo calculan a traxectoria do primeiro meteorito rexistrado en Galicia, que iluminou o ceo nocturno en xaneiro do ano pasado. Os cálculos permitiron delimitar a zona de Baralla, posteriormente foi localizado por un veciño. 27-10-22