Nova rebaixa fiscal anunciada polo presidente da Xunta. Consistirá en deflactar os tres primeiros tramos do tramos de IRPF, con efecto retroactivo. A oposición destaca que beneficia sobre todo as maiores rendas. // O sector pesqueiro advirte da grave situación á que se enfrenta, ante a negativa da Unión Europea a dar marcha atrás a prohibición de faenar en 87 zonas do Atlántico. Din que están en perigo uns 3.000 empregos directos. // O estudo da OCU sitúa a Vigo como a cidade coa cesta da compra máis barata de España. Os prezos da alimentación experimentan unha suba media do 15 por cento no último ano. // A Tinta Femia, a variedade autóctona propia da paroquia de Cela en Bueu, coa vendima prácticamente rematada. Apenas prodúcense uns poucos milleiros de botellas para autoconsumo e para servir nos furanchos. 27-09-22