Unha expedición francesa investiga o estado dos bidóns radioactivos botados na Fosa Atlántica entre os anos 50 aos 90. A Xunta reclama información ao Goberno de España por este vertedoiro nuclear a 600 metros de Fisterra | 7.000 efectivos participarán no dispositivo contra incendios nun verán no que se prevén temperaturas altas. Segundo expertos consultados por TVE, en caso de lume, o máis preocupante é a propagación e a falla de medidas de evacuación en determinados espazos como praias ou zonas urbanísticas | Santiago acolle o 21 Congreso Ibérico da Bicicleta e as Cidades | Quen o coñece di que é arrogante, sedutor, brillante... medrou rodeado de asfalto idealizando a natureza... son trazos da personalidade de David Bailey, o fotógrafo cuxa mostra inaugúrase hoxe na Fundación Marta Ortega da Coruña, con pezas nunca vistas