Adiada a votación en Bruxelas para decidir se o galego, xunto ao catalán e o euskera, se consideran linguas cooficiais na UE. Galicia é a única comunidade das tres afectadas que non apoia a proposta | Protestas no hospital Álvaro Cunqueiro ante un novo episodio violento; un paciente que pechou na sala de triaxe a unha celadora e a un enfermeiro ata que a muller conseguiu fuxir e dar a alarma | Novidades cara o curso escolar do ano que vén: a matrícula poderá tramitarse dende calquera dispositivo a través dun portal de internet | Unha trintena de actuacións de todo tipo de música e baile no programa cultural ‘Conexións Vigo’ que leva música e danza a preto de vinte espazos urbanos