Os prezos subiron en febreiro ao 3 %, o nivel máis alto nos últimos nove meses, pola suba do prezo da luz. A electricidade no mercado regulado é un 170% máis cara que hai un ano | A Xunta súmase aos outros gobernos autonómicos do Partido Popular no rexeitamento á condonación de débeda autonómica proposta polo goberno | No día internacional do transplante de órganos e tecidos, coñecemos o caso de Iván Quñoá, veciño de Sarria, un caso extraordinario de superación, diagnosticado de cancro na adolescencia, e que está vivo gracias a un transplante de ríl, que recibíu da súa irmá, e outro de fígado dun doante falecido | Comeza "Orixes", exposición inmersiva na Cidade da Cultura, en Santiago. Unha viaxe a través do tempo e das eras prehistóricas. Grazas á realidade virtual podemos achegarnos á vida antes de nós e incluso interactuar con ela