Falecemento un estudante, de 15 anos, pola caída dun muro no vestiario do Instituto Julio Prieto Nespereira na cidade de Ourense. Hai outro rapaz ferido no suceso. // A conversa entre o interventor e o maquinista, xusto segundos antes do sinistro do Alvia, seguíu a centrar a atención no xuizo.// As industrias do metal anuncian plans de recurte de quendas e peches en instalacións, que poden afectar a 1.200 traballadores, a causa da suba do prezo da electricidade. // En Galicia, hai mais de 35.000 persoas con dano cerebral adquirido. No día nacional desta doenza, as asociacións de afectados piden que se recoñeza o dereito a unha atención integral que inclúa ás familias como soporte fundamental. 26-10-22