Mobilizacións en toda Galicia, con moitos actos reivindicativos a prol da eliminación da violencia contra as mulleres | Dous casos de homes detidos por agresión ás suas parellas, ambos na provincia de Lugo | A Xunta anuncia unha liña de axudas por valor de 50 millóns de euros para apoiar a investigación e os avances no vehículo elécrico nas as empresas auxiliares da automoción | Logo do veredicto emitido polo xurado, a xuiza do caso Samuel ten que ditar sentenza, sen prazo prefixado. Os nove membros do xurado consideraron culpables de asasinato con aleivosía a tres dos cinco acusados | Trala victoria do venres en Bratislava, España volve medirse hoxe a Eslovaquia na clasificación para o Eurobasket 2025. O partido disputaráse no Pazo dos Deportes Paco Paz de Ourense