Parques e recintos públicos precintados en varias cidades, ante o paso de Aitor, a primeira borrasca do outono. Hai alerta laranxa no litoral e interior da provincia de Pontevedra | Na Sesión de Control, Rueda insiste en que unha quita da débeda pública sería un negocio ruinoso para Galicia | Comenza a venda e reserva de viaxes do Imserso, con cerca de 900 mil prazas ofertadas. As Illas Canarias, Baleares e Benidorm, os destinos máis desexados | A vendima na Ribeira Sacra chega ao 40 por cento | O mellor Triatleta galego da historia, Javier Gómez Noya anuncia a sua retirada ao remate da temporada | Mexicráneos é o título dunha mostra que se achega en Lugo a cultura mexicana arredor da morte