A borrasca Martinho retírase logo de cinco días de alertas meteorolóxicas. Na Coruña mantense o dispositivo de busca dun home que caeu ao mar nas inmediacións da Torre de Hércules. Tamén en Sada, efectivos de Policía Local e Salvamento buscan a unha muller octoxenaria na zona de Carnoedo | Alfonso Rueda cre que as protestas contra Altri están ‘ideoloxizadas políticamente’. Para o PSdeG o proxecto non cumpre as condicións para acceder aos 250 millóns de euros en axudas. Ana Pontón, pide o Presidente Rueda que empregue os fondos públicos para axudar a outras industrias | En Vigo aumenta a polémica pola exclusión de Balaidos da lista de sedes do Mundial de Fútbol 2030 logo que o diario El Mundo revelara un cambio na avaliación das candidaturas 48 horas despois da decisión do comité técnico | Este venres estréase 'Cicatriz', a primeira coprodución de danza inclusiva do centro coreográfico galego. Fusiona a danza contemporánea coa poesía de Antón Reixa. O propio escritor debuta no baile da