Horas para que Galicia comece festexar por todas partes a noite de San Xoán. As autoridades piden precaución co lume. Na Coruña, onde é multitudinaria, xa está en marcha o dispositivo especial na cidade | Os veciños do rural poderán sacar diñeiro en 200 gasolineiras. A Xunta vén de aprobar as subvencións de ata 30.000 euros para elo. En Galicia, hai 51 concellos sen oficina bancaria e en máis de 100 nos que só queda unha | Máis de 600 persoas físicas endebedadas pediron entre xaneiro e marzo a declaración de concurso de acredores, unha figura que xeralmente asociamos ás empresas pero que calquera pode solicitar | A artista viguesa Pilar Alonso a exposición NON FUN, unha proposta na que se adapta ao espazo da Casa das Artes para amosar e ocultar ao espectador o seu universo plástico como nun xogo teatral