Condenados a tres anos de cadea os autores dos abusos sexuais reiterados a unha menor en Baleira, que chegou a quedar embarazada e deu ao fillo en adopción. A audiencia provincial confirma o acordo entre a defensa e a fiscalía que rebaixa a petición inicial de dez anos de prisión. // O tráfico é xa fluído na estrada nacional entre Cangas de Foz e Burela, con apenas algunas retencións, logo de que fose habilitado un único carril. // O grupo Inditex acomete cambios nas suas tendas en Galicia, co peche de establecementos de Berska en Vilagarcía e Pontevedra, para trasladarse a un centro maior en Vigo. 23-01-23