O condenado polo crime de Diana Quer, José Enrique Abuín, volveu hoxe ao banco dos acusados, para responder por unha agresión sexual denunciada pola irmá xemelga da súa muller, cando ela tiña 17 anos. // A conselleira de Igualdade cifra en 44 millóns de euros a partida para a loita contra a violencia de xénero, durante o ano 2023. // O presidente da Xunta acusa en Madrid ao goberno central de prexudicar a Galicia en materia de infraestructuras para atacar a imaxe electoral de Alberto Núñez Feijóo. // Os reis magos vestidos de luces volverán ás rúas de Vigo unha vez que a empresa encargada modifique a figura do Rei Baltasar. O concello acusou á concesionaria de incumprir o contrato por non representalo co tradicional rostro de cor negra. 22-11-22