Os peregrinos rexistrados no que vai de ano xa superan aos de 2019, polo que este 2022 convértese no record da historia do Camiño de Santiago. Hoxe mesmo a oficina do peregrino conta con superar as 350.000 compostelas entregadas. // Comenzan os traballos para desmantelar os restos do viaduto do Castro, na A-6.En Pedrafita, o desvío habilitado para evitar a travesía polo casco urbano suscita queixas entre os condutores de camións. // A Avogacía do estado reclama á Familia Franco máis de 500 obxetos do interior do Pazo de Meirás non incluidos ata agora no inventario oficial de bens mobles. Algúns, di, son documentos de gran valor histórico e patrimonial. // Valdoviño ten o primeiro museo adicado en España a este deporte. Promovido polo concello, coa participación das escolas locais, ofrece unha colección de táboas de todo o mundo. 22-09-22