Dous incendios preto das casas obrigaron a decretar a situación 2 de emerxencia en Oia e en Vilaboa | En Ourense seguen sen control cinco grandes incendios, algúns deles batendo marcas de superficie arrasada | Nunha adega de Verín arderon unhas 10 hectáreas de cepas estragando 120.000 quilos de uva a piques de vendimar. Os adegueiros afectados piden axudas con urxencia | A Xunta mantén a prealerta por escaseza de auga prolongada e pídelle aos veciños que eviten malgastala. O aviso afecta a 20 concellos