Permanece detido o presunto autor da morte a coiteladas dunha moza de 33 anos. Ocorreu esta madrugada nunha casa da parroquia de Estribela habitada por okupas. A Policía desbota xa que se trate dun caso de violencia de xénero. // Duro reproche da Audiencia Nacional pola misión para baixar ao pecio do Villa de Pitanxo. Reclama ao Ministerio que aclare por qué non aportou información sobre o itinerario, data de realización dos traballos e presenza dos peritos xudiciais. // No remate do ano Laxeiro, o Museo de Arte Contemporánea de Vigo propón un diálogo da súa pintura con outros artistas dende Asorey, e Maruja Mallo a Miró, Antonio Saura ou Rafael Canogar. 22-05-23