Os alumnos cos mellores expedientes da Abau,recoñecidos nun acto no Coliseum da Coruña. É o ano coas mellores cualificacións da historia das probas, e na fase xeral, un de cada tres centros chegou ao notable de media | Comenza en moitos lugares os preparativos para a noite de San Xoan. Na Coruña espérase a máis importante, coa participación dunhas 150.000 persoas | Veciños de varias parroquias do concello de Lugo en oposición á instalación dunha planta de produción de metano, a partir de resíduos orgánicos procedentes da industria alimentaria | Negociación dunha moción de censura en Ourense, co BNG disposto a que se presente xa cun candidato alternativo socialista | O arquitecto británico David Chipperfield presenta un novo centro para difundir as iniciativas da sua fundación, no casco histórico de Santiago. É a Casa RIA, situada nun edificio que acolleu ata mediados do século XX un sanatorio