A Garda Civil investiga as circunstancias polas que unha muller se precipitou dende a súa vivenda nun cuarto piso do Barco de Valdeorras. Investigan se se trata dun caso de violencia de xénero. Os veciños e veciñas concentráronse en apoio á vítima | Alfonso Rueda recoñece que a saúde mental é un problema crecente na sociedade galega e que está aumentar a contratación de psicólogos. Responde así á pregunta de Ana Pontón de por que só investiu 33 dos 83 millóns previstos para saúde mental | 25 anos de Alento, a primeira das cinco asociacións galegas de axuda a afectados por dano cerebral adquirido | Este venres chega aos cines 'Antes de Nós', a primeira película de ficción sobre a vida de Castelao | Polémica nos grandes festivais de música galegos pola súa posible vinculación cun fondo de investimento israelí. O Resurrection Fest condena o masacre que se vive en Gaza e nega que o festival se beneficie de cartos israelís. Os outros festivais que estarían vinculados -o Caudal Fest, O Morri