Xornada de traballos para arranxar canto antes os danos causados pola borrasca Martinho. Provocou638 incidencias en 24 horas. Tellados, carteis, e obxectos que saían voando polos fortes refachos, caídas de árbores causaron ademáis problemas nas estradas | Horas para a manifestación na ría de Arousa contra o proxecto de Altri e a mina de Touro | Arranca a campaña da sardiña e os primeiros exemplares chegan aos mercados. Polo de agora hai pouca e pequena e barata | O montañeiro galego Sechu López aventúrase nunha nova fazaña. A partir de mañá comeza a expedición Mar de Xeo polo Paso do Noroeste, unha das rutas máis inaccesibles do Ártico Canadense