Os talleres mecánicos, baixo mínimos por falta de persoal. É a voz de alarma dos responsables dos establecementos, con tempos de espera que superan o mes para reparacións | Campaña da Dirección xeral de tráfico para controlar as condicións do transporte escolar. Os axentes comproban se os autobuses contan coa documentación en regra e cumpren coa normativa en materia de seguridade | Acordo entre a multinación Alcoa, compañía enerxética Ignis e as administracións central e autonómica para asegurar o futuro da factoría de Alcoa en San Cibrao | A fundación Once promoverá cinco mil contratos de traballo para persoas con discapacidade | Hoteis ao completo esta fin de semana en Pontevedra pola gala dos premios Feroz, que entrega a Asociación de Informadores Cinematográficos