Intervidos máis de mil quilos de cocaína ocultos no interior de froitas e zumos, nunha Operación conxunta das forzas policiais de España e Portugal. No porto de Vigo, atopado un contedor procedente do Brasil, con melóns valeirados e recheos con bolsas que contiñan preto de 500 quilos de droga | As forzas políticas coiciden en reclamar a gratuidade da P-9. Os socialistas admiten dificultades técnicas para a transferencia das competencias á Xunta, pero que a seguen apoiando a liberación da peaxe igual que o BNG e o presidente Rueda | Sanidade dá por estabilizado o foco de gastroenterite no concello de Ames, que deixa Máis de cen afectados entre os nenos de dous colexios e os seus familiares | O Celta certifica a permanencia na primeira división, sufrindo case ata o final, tras ganarlle 1-2 ao Granada, e certifica a boa marcha do equipo con Claudio Giraldez como adestrador