O bo tempo durante a ponte disparou o turismo, con niveis de ocupación por riba do 90 por cento en lugares como Santiago, as Rías Baixas ou a Mariña | A afluencia de peregrinos nos camiños de Santiago bate marcas. Isto xera unha importante actividade económica e é fonte de emprego nas vilas polas que pasan as rutas xacobeas | Sobre as cinco da tarde está previsto que cheguen á Coruña os corpos de tres dos catro mariñeiros galegos falecidos hai case un mes no naufraxio das Malvinas. Un cuarto tripulante galego segue desaparecido | En Galicia hai 66 cines, pero case todos están nas cidades. Visitamos o Cine Seixo, que leva máis de oito décadas superando crises e adaptándose ás tecnoloxías