Salientable movemento do mercado inmobiliario en Galicia por riba da media de España cun incremento no mes de abril de case un 17% respecto ao mesmo mes do ano pasado | Malestar entre os feirantes de Vigo pola negativa do goberno local a validar os permisos para o uso de atraccións nas festas locais. As de Cabral, Fragoselo ou O Calvario non contaron este ano con ningunha destas. Tampouco o farán as de Coia. O Concello di que se limita a cumprir a lei | Un paciente do hospital Álvaro Cunqueiro é o primeiro de España en recibir terapia xénica para tratar a hemofilia B, a menos frecuente. O medicamento, un dos máis caros no mundo, rolda os dous millóns de euros e permite reducir a unha dose as inxeccións regulares coas que se controla a enfermidade | Como era a relación de Camilo José Cela coas mulleres? Unha mostra de Santiago aborda esta cuestión a través de documentos que reflicten o seu trato con escritoras e artistas da súa época