As accións contra á construción dunha gran fábrica de celulosa en Palas de Rei, Lugo, saltaron hoxe a Bruxelas e ao Congreso dos Deputados. O BNG tentará que o proxecto non reciba fondos europeos e advirte ao Goberno de España que Altri é una “liña vermella” | Importante reestruturación das demarcacións parroquiais en Ourense. Pasarán de máis de 700 a non chegar ás 100, coa perda de servizos que iso leva e o trastorno para centos de fregueses | No día dos artesáns e as artesás estivemos con algunhas das poucas produtoras de sombreiros sancosmeiros; un exemplo de como un produto tradicionalmente útil atravesa o tempo converténdose nun cotizado artigo, neste caso, nun complemento de roupa