O Racing de Ferrol sitúase xa a un punto do ascenso directo, logo de gañar por 3 a 1 ao Tenerife e o Celta, por fin, logra en Balaídos unha vitoria. | Máis da metade dos menores galegos de cinco anos seguen sen vacinarse contra a gripe, a dúas semanas para que remate a campaña. | A Policía Nacional desartella en Santiago unha organización criminal que explotaba a estranxeiros. | Que ningún neno quede sen xoguetes este nadal. É o obxectivo da campaña En Volve, dirixida a familias en risco de exclusión, en Pontevedra. | Íñigo Quintero, o mozo de Pontedeume que acadou sona mundial cunha primeira canción grazas ás reproduccións masivas nas redes, inicia unha carreira como profesional. 18-12-2023