Arranca, cos traballadores dos hospitais, a campaña de vacinación contra a gripe deste ano. O Sergas aspira a que preto de 900.000 galegos queden inmunizados. Os maiores de 70 anos recibirana conxuntamente coa terceira dose contra a Covid. // A Xunta aproba o proxecto de orzamentos para o ano que ven, logo da toma de posesión de Miguel Corgos, como novo conselleiro de Facenda, en sustitución do falecido Valeriano Martínez. As contas superan os 11.000 millóns de euros e prevén novos recortes de impostos. // Planificar a compra e seleccionar alimentos de calidade, e o principal segredo para comer ben. Así o quede difundir unha nova campaña da Cruz Vermella, presentada hoxe, coa colaboración do chef Pepe Solla, en Pontevedra. // A nova derrota, fronte ao Sevilla, devolve ao Celta a rondar os postos de descenso. O adestrador pide apoio da afección para Iago Aspas, que atravesa un momento de crise deportiva. Na Segunda, o Lugo acada o sexto empate da tempada. 18-10-2021