O fume e o cheiro a queimado que chega dos incendios do Norte de Portugal déixase notar en todo o sur de Galicia | En Galicia son catro os incendios activos, que suman máis de 300 hectáreas arrasadas. O último en declararse é o do concello ourensán de Chandrexa de Queixa | Sogama xustifica a necesidade de aumentar o Canon do lixo de 78 a 108 euros por tonelada, debido ao aumento dos impostos e di que arrastra unhas perdas de 33 millóns de euros | Contar en tempo real o número de peregrinos que están facendo cada etapa da Ruta Xacobea. É o que permitirá unha nova aplicación dixital impulsada por Turismo de Galicia. O obxetivo é facilitar o reconto aos concellos polo que pasa o Camiño francés para que poidan xestionar a afluencia | Revivir os relatos de Emilia Pardo Bazán. É o obxectivo dun proxecto audiovisual co que a Casa-Museo da escritora