Despois de Latinoamérica, Alfonso Rueda inicia unha volta por varias comunidades autónomas. Hoxe, reuníuse en Andalucía con Juanma Romero. Os dous presidentes populares apoian a Mazón e rexeitan o acordo para o reparto de inmigrantes do Goberno | Aumentan os colectivos e protestas contra a construción da fábrica de celulosa en Palas de Rei. Esta mañá unha protesta irrumpiu nas oficinas da Xunta en Vigo, varios concellos uníronse para opoñerse en bloque e un cento de persoas quere persoarse como parte afectada polo proxecto | Unha ficción sen medias tintas e con moita ironía para romper tabúes… Sibila Freijo fala na súa nova novela das cousas que lles ocorren ás mulleres a partir dos cincuenta. Invita a rir e aprender ao público feminino, pero se cadra, máis aos homes.