Visita de Don Filipe e dona Letizia a Burela en apoio ao sector pesqueiro do que vive a meirande parte da poboación desta vila lucense. Tamén saudaron ás xogadoras de fútbol sala, campioas do trofeo da Raíña | Hoxe hai en Galicia ata catro xuízos por violencia machista de extrema gravidade -por asasinato ou maltrato severo dous deles por asasinato -, mentres os presuntos autores dos acoitelamentos a dúas mulleres a fin de semana continúan á espera de pasar a disposición xudicial | Entre as críticas dos controladores, hoxe entrou en funcionamento a torre de control virtual do aeroporto de Peinador. Unha instalación pioneira en España que permite aos controladores traballar cunha imaxe virtual do espazo aéreo. A súa implantación será progresiva | Ourense podería superar o seu récord histórico de temperaturas | Os posibles efectos no río Ulla da macrocelulosa proxectada por Altri en Palas de Rei fai que Ecoloxistas en Acción cualifique a Ría de Arousa cunha das seis bandeiras negras de G