A tromba de auga volve colapsar partes da cidade de Ourense, con tendas e locais asolagados, nos que hoxe tentaban reparar os desperfectos. Mentres a saraiba arrasaba plantacións enteiras de viño na Ribeira Sacra. Os adegueiros reclaman a declaración de zona catatrófica. // A primavera que remata foi a segunda máis seca do que vai de século. Segundo o balance que hoxe fixo público a Axencia Estatal de METeoroloxía. O verán, pronostican, será tamén especialmente cálido e con menos precipitacións do habitual. // O acceso principal á catedral de Santiago loce xa en plenitude, co remate das obras de restauración da escalinata, o enreixado e a cripta do Mestre Mateo. // As orquestras prepáranse para o regreso das verbenas e celebración populares este verán. As comisións de festas, pendentes da proba piloto en seis localidades, servirá este sábado para comprobar o funcionamento do protocolo de seguridade previsto pola Xunta. 17-06-2021