Comezou o xuízo do crime de Elisa Abruñedo, a muller violada e asasinada na Coruña hai 12 anos. O asasino confeso negouse a declarar. Enfróntase a 37 anos de cadea que pide a acusación particular. O veredicto está previsto para mediados da semana que vén | A Xunta recorrerá ao Tribunal Constitucional polo reparto de inmigrantes Menores non Acompañados actualmente acollidos en Canarias | Un ourensán atrapado en Irán polo bombardeo de Israel. Leva catro días pechado nun hotel e non sabe cando nin como poderá saír | Dúas medallas de ouro e unha de bronce para os clubs galegos no campionato de España de Traiñeiras, celebrado en augas de Castro Urdiales, en Cantabria